CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA TRABALLOS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E EDIFICIOS NO CASCO HISTÓRICO

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA TRABALLOS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E EDIFICIOS NO CASCO HISTÓRICO

O CONCELLO DE VIVEIRO PUBLICA NO BOP UNHA NOVA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA TRABALLOS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E EDIFICIOS NO CASCO HISTÓRICO

Viveiro, 30 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro publicou hoxe no BOP de Lugo a ‘Nova Convocatoria de subvencións para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro – Fase XVII’ en cumprimento e ó amparo do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, regulado polo Real decreto 106/2018, de 9 de marzo.

En base a este documento, as persoas interesadas en executar traballos de conservación e intervención en vivendas unifamiliares ou en edificios de vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns co fin de adecualas á normativa vixente e que estén ubicadas dentro do casco antiguo, poderán solicitar as subvencións durante un mes a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria conforme as bases publicadas no BOP o 17 de xaneiro de 2020.

 

A documentación que será necesaria para solicitar as subvencións é:

 

A.-  Documentación acreditativa de identificación do solicitante e titularidade da edificación.

 

a) Se o promotor/a é unha persoa física ou xurídica;

 

1/ Fotocopia do documento identificador da persoa que asine a solicitude ou Documento acreditativo da  constitución da sociedade .

 

2/ Fotocopia do documento que acredite a titularidade do edificio por parte do promotor da actuación.

 

B) Se o promotor/a é unha comunidade de propietarios constituída, presentará ademais:

 

1/ Documento acreditativo da constitución da comunidade.

 

2/ Documento acreditativo da representación coa que se actúe.

 

3/ Acta ou certificado da comunidade de propietarios onde se aprobe a execución das actuacións e a solicitude da subvención ou certificado da persoa titular da secretaría da comunidade referente aos ditos aspectos.

 

4/ Relación de todas as persoas integrantes da comunidade, co NIF de cada unha, referencia catastral de cada vivenda e local.

 

 

B.- Declaración responsable das persoas beneficiarias das subvencións, onde conste:

 

- Que non se atopan incursos nas prohibicións para a obtención da condición de beneficiaria sinaladas nos apartados 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Esta documentación terá que ser presentada de novo, previamente ao pago da axuda.

 

- Das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma actuación así como o importe da axuda solicitada ou obtida, así como a Administración, organismo ou entidade pública que concede a subvención.

 

C.- Certificados.

 

- Certificacións de cada persoa propietaria de estar ao día coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia e a Administración Local.

 

D.- Documentación referente ás obras e do edificio:

a) Proxecto ou memoria técnica na cal expresen as obras que se van executar, a súa valoración, clasificándoas en capítulos segundo o disposto no artigo 26 do Real Decreto 233/2013. O proxecto ou memoria técnica deberá conter os datos fundamentais do edificio: situación, número de vivendas e locais, superficie construída sobre a rasante, superficie sobre a rasante con uso residencial e unha reportaxe fotográfica das obras que se van realizar.

 

b) Licenza e autorizacións para a execución das obras.

 

c) Cando o importe do orzamento protexible das obras exceda de 50.000 euros deberán presentarse como mínimo tres orzamentos, de data anterior á contratación das obras, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude. No caso de que non se optase pola oferta económica máis vantaxosa, deberá xustificarse razoadamente, por escrito, a elección realizada.

 

d) Ós efectos de poder puntuar a Fixación de poboación na Ára de Rehabilitación, o solicitante deberá presentar xustificante de que a edificación na que se pretende actuar é a súa vivenda habitual, está destinada ó alugueiro ou ben, no suposto de vivenda baleira neste momento, declaración responsable de que a que fin vai ser destinada.

 

e) Ós efectos de poder puntuar a Condición social das presentes bases, o solicitante deberá presentar certificado de empradroamento e copia das declaracións do IRPF da unidade familiar, correspondente ó ultimo exercizo, ou no seu caso certificación negativa da Axencia Tributaria.

 

Toda a documentación deberá presentarse en orixinal ou copia cotexada.

 

De todas as solicitudes presentadas por escrito, e que cumpran os requisitos establecidos nas bases aprobadas, procederase á valoración e posterior proposta de cualificación provisional daquelas actuacións con maior puntuación, ata esgotar o orzamento destinado para tal fin.

 

Para máis información poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro, na segunda planta do Concello de Viveiro. Teléfono: 982 562968. Correo electrónico rehabilitacioncasco@viveiro.es

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar