16
Xuño
COPA DE ESPAÑA DE CICLISMO ADAPTADO
O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE O DÍA 26 UNHA NOVA EDICIÓN DA COPA DE ESPAÑA DE CICLISMO ADAPTADO
Viveiro, 15 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro será o escenario o próximo día 26 de xuño dunha nova edición da Copa de España de Ciclismo Adaptado, unha proba que xa acolleu no ano 2019.
Esta mañá presentouse a proba na Deputación de Lugo coa asistencia da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o concelleiro de Deportes, César Iglesias Docal, e César Lage Pérez, presidente do Club Ciclista Viveiro, organizador da proba.
“Quero agradecer o traballo do Club Ciclista Viveiro e o apoio da Deputación de Lugo, unha institución comprometida co deporte que colabora todo o ano con concellos como o noso para a celebración destes eventos”, asegurou María Loureiro na presentación.
A Copa de España de Ciclismo Adaptado comezará ás catro da tarde en Celeiro con dous percorridos segundo o nivel de diversidade funcional dos deportistas.
“Esta proba reflicte á perfección dous prioridades do goberno local de Viveiro: o deporte e os hábitos de vida saudables, por unha parte, e a nosa aposta por un concello inclusivo, accesible e sostible por, para e coas persoas con capacidades diferentes”, engadiu a alcaldesa.
En palabras de Loureiro, “o ciclismo adaptado mellora a calidade de vida das persoas que o practican e reforza a súa socialización e integración, además de potenciar as súas capacidades e a súa autoestima, todo elo combinado cos valores que caracterizan o deporte, como a constancia, a humildade, o sacrificio, o esforzo e a dedicación”.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro