30
Novembro
CORTE CALLE NICOLAS CORA MONTENEGRO
A RÚA NICOLÁS CORA MONTENEGRO ESTARÁ PECHADA AO TRÁFICO O PRÓXIMO VENRES 28 DEBIDO A UNHAS LABORES DE CONSTRUCCIÓN NA ZONA
Viveiro, 25 de agosto. O Concello de Viveiro quere informar sobre un corte de tráfico que se efectuará o próximo día venres 28 de agosto de 2020 na rúa Nicolás Cora Montenegro.
Con motivo do desmonte dun guindastre de obra á altura do inmoble número 50 da rúa Nicolás Cora Montenegro, faise imprescindible realizar un corte de tráfico para tratar de garantir a seguridade viaria mentres duren as tarefas de operación de dita grúa.
O corte de tráfico está previsto á altura do número 50. Soamente permitirase o acceso de vehículos aos garaxes desta rúa. Para iso, habilitarase un dobre sentido de circulación en dous tramos, uno o comprendido desde o número 50 cara á Praza Juan Donapetry, e outro desde o número 50 cara á Praza de Lugo.
Os estacionamentos na rúa Nicolás Cora restrinxiranse a partir do xoves 27 de Agosto de 2020.
Desculpen as molestias.