CORTES DE TRÁFICO

CORTES DE TRÁFICO

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DE DOUS CORTES DE TRÁFICO POLA MARCHA DOS TRABALLADORES DE ALCOA EN APOIO Á PLANTILLA DE VESTAS E POR UNHAS OBRAS NA LU-540

 Viveiro, 24 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro informa que mañá, sábado 25 de setembro, haberá un corte de tráfico a partir das 12:00 horas e durante uns trinta minutos entre o Casino e a Porta de Carlos V, debido a que os traballadores de Alcoa van facer unha pequena marcha ata chegar á Praza Maior para apoiar a concentración que se vai facer polo peche de Vestas.

Por outra parte, hai uns oito anos a empresa Gas Galicia acometeu a canalización do gas na estrada LU-540. A zanxa por onde vai a tubería repisou no tramo que discorre entre a rotonda do poligono industrial de Landrove e a ponte de FEVE en Verxeles.

Durante este tempo, sen estridencias nin publicidade, o equipo de goberno do Concello de Viveiro mantivo contacto de forma permanente coa Delegación de Infraestructuras para que a empresa Gas Galicia fixese a reposición da zanxa aludida.

No seu momento repúxose, nunha primeira fase, o vial ata a gasolinera de Magazos no quilómetro 3. Agora, no mes de setembro saneouse o tramo de zanxa que quedaba cunha capa de formigón.

A partir do luns, 27 de setembro, Gas Galicia a través da empresa Isidro Otero vai a fresar e aglomerar o carril de rodadura por onde vai a zanxa referida. Este traballo vai durar varios días e é máis que probable que cause algunha que outra molestia aos veciños. Pedimos de forma anticipada desculpas.


 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar