COVID-19

COVID-19

O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA QUE O COMITÉ CLÍNICO PASOU O MUNICIPIO AO MESMO NIVEL QUE O RESTO DE CONCELLOS GALEGOS

Viveiro, 16 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro informa que na reunión do Comité Clínico do día de onte se acordou o paso do municipio ao nivel de restricións medio-baixo. Polo tanto, Viveiro atópase actualmente na mesma situación que os restantes concellos galegos, agás os tres municipios que permanecen en nivel medio.


 

Segundo os datos facilitados polo SERGAS, a incidencia acumulada en Viveiro nos últimos 7 días é inferior á 10, sen novos casos diagnosticados no concello nese período. Ademais, a incidencia acumulada nos últimos 14 días sitúase entre 25 e 50, cun total de entre 1 e 9 novos casos diagnosticados no concello nese período.


 

Á espera da publicación da orde da consellería de Sanidade, como é habitual, está previsto que as novas medidas teñan efecto a partir deste sábado.


 

Non obstante, o concello de Viveiro fai fincapé na necesidade seguir cumprindo as medidas establecidas, con responsabilidade e prudencia, para que a situación epidemiolóxica continúe mellorando e se evite a propagación do virus.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar