COVID-19

COVID-19

O CONCELLO DE VIVEIRO PUBLICA O DECRETO MUNICIPAL PARA ADAPTAR OS SEUS SERVIZOS E INSTALACIÓNS ÁS NOVAS RESTRICIÓNS DA XUNTA

Viveiro, 27 de xaneiro de 2021. A Xunta de Galicia publicou no día de onte o Decreto e a Orde nos que se establecen as novas medidas para facer fronte á crise sanitaria, aplicando para toda Galicia o nivel de restrición máximo.

 

No caso do Concello de Viveiro, mantéñense as mesmas medidas que xa viñan sendo de aplicación, introducindo como novidade o peche dos establecementos e locais comerciais ás 18:00 horas e exceptuando desta obriga os comercios de alimentación, bebidas, tabaco, gasolineras, artigos médicos e ortopédicos, farmacias e de alimentos para animais de compañía, que poderán pechar ás 21:30 horas (salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou superior).

 

As actividades de servizos profesionais, como perruquerías, centros de estética, talleres, xestorías, etc., non se verán afectados por esta medida de redución de horario, podendo pechar no seu horario habitual.

 

Ademais, a Xunta de Galicia autoriza o uso de instalacións deportivas para a práctica do deporte federado de ámbito nacional que teñan a competición vixente.

 

Así mesmo, mantense a suspensión das clases presencias do Conservatorio Profesional de Música ata o 17 de febreiro de 2021, que o concello decretara inicialmente, por prevención, ata o 5 de febreiro de 2021. O concello tamén decidiu manter ata o 17 de febreiro de 2021 o peche da Escola Infantil Municipal.

 

Finalmente, lémbrase que se continúa mantendo o peche perimetral, non se permiten reunións de persoas non conviventes e o toque de queda ás 22.00 horas.

 

Dende o goberno municipal pídese os veciños e veciñas de Viveiro a máxima prudencia e o estrito cumprimento das medidas establecidas para superar o antes posible esta complicada situación. Dentro das nosas competencias e responsabilidades velaremos por facer cumprir estas medidas polo ben de todos os veciños e veciñas de Viveiro.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

 

 

DECRETO

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar