COVID-19

COVID-19

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DE QUE OS CASOS ACTIVOS POR COVID-19 CONTINÚAN DESCENDENDO NO MUNICIPIO ATA OS 113

Viveiro, 3 de febreiro de 2021. O Concello de Viveiro informa de que a día de hoxe hai un total de 113 casos activos por COVID-19 no municipio. Esta cifra supón unha melloría da situación epidemiolóxica en Viveiro, que rebaixa en 115 os casos activos do pasado 25 de xaneiro.

 

Este avance nos datos de doentes por COVID-19 débese a que, por unha banda, continúan a producirse altas no municipio, e por outra banda, o número de casos positivos detectados cada día segue descendendo. Estes indicadores están a provocar unha menor incidencia do virus no municipio.

 

Co obxectivo de continuar nesta tendencia de descenso dos casos, dende o goberno municipal piden extremar as precaucións e cumprir estritamente as medidas e limitacións impostas. O Concello de Viveiro incide ademáis en que é fundamental non baixar a garda e non confiarse para poder superar pronto esta situación.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar