COVID-19

COVID-19

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DAS NOVAS RESTRICIÓNS ESTABLECIDAS POLA XUNTA DE GALICIA PARA O MUNICIPIO, QUE ENTRAN EN VIGOR O SÁBADO

Viveiro, 29 de xullo de 2021. O goberno municipal informa que, segundo os datos facilitados polo Sergas, a día de hoxe hai no concello 243 positivos por Covid-19, catro máis que onte, cando había 239. De momento, baixou a incidencia con respecto á semana pasada e lémbrase que é necesario seguir cumprindo as medidas establecidas.

 

Ás 00,00 horas do sábado 31 de xullo entrarán en vigor as novas restriccións establecidas pola Xunta de Galicia para o Concello de Viveiro. Á espera da publicación da Orde correspondente por parte da Consellería de Sanidade, prevese que estas medidas afecten, entre outras cuestións:

 

- O aforo no interior dos servizos de hostalería e restauración en bares, cafeterías e restaurantes redúcese ao 30 %, manténdose o aforo do 50% nas terrazas.

 

- O ocio nocturno pechado.

 

- A prohibición de realización de actividade deportiva non federada en instalacións pechadas.

 

- A obrigatoriedade de presentar unha proba de inmunidade para acceder dentro dos locais de hostelería.

 

- A prohibición de reunións de non conviventes entre as 1:00 e 6:00 horas.

 

- As reunións entre non convivientes limítanse a un máximo de 10 persoas  ao aire libre e a un máximo de 6 persoas no interior (se a reunión se produce dentro do mesmo grupo de convivientes ou entre un máximo de dous grupos poderanse superar estos límites)

 

En todo caso, cómpre esperar á publicación da nova orde para coñecer en detalle as medidas concretas a aplicar.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar