COVID-19

COVID-19

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DUNHA LIXEIRA MELLORÍA NOS ÚLTIMOS TRES DIAS POLO NÚMERO DE CASOS DE COVID-19 ACTIVOS

Viveiro, 20 de xaneiro de 2021. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, asistiu hoxe á reunión por videoconferencia convocada polo conselleiro de Sanidade da Xunta, Julio Garcia Comesaña, en relación coa situación epidemiolóxica actual e as novas medidas que veñen de adoptarse.

 

No caso de Viveiro, hai a día de hoxe un total de 266 casos, polo que leva tres días cunha lixeira melloría.

 

Dende o goberno municipal demandan que se cumpran estritamente todas as medidas establecidas; dende o Concello de Viveiro continuarase velando para que estas se cumpran e, unha vez máis, apélase á prudencia e precaución para poder frear a cadea de contaxios e superar esta situación.

 

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar