COVID-19

COVID-19

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DE OITO CASOS DE CORONAVIRUS E SOSTÉN QUE “A SITUACIÓN ESTÁ CONTROLADA”, PERO DEMANDA “EXTREMAR A PRECAUCIÓN E NON BAIXAR A GARDA”

Viveiro, 21 de abril de 2021. O Concello de Viveiro, dentro da transparencia que lle caracteriza dende que empezou a pandemia, informa que a situación epidemiolóxica do municipio variou nos últimos días. O fin de semana había 4 casos e, segundo a información facilitada por Sanidade no día de onte á alcaldesa, María Loureiro, o número de positivos subiu a 8.

 

Polo tanto, aumentou de forma lixeira a incidencia acumulada, que nos últimos 7 días se sitúa entre 25 e 75. Sanidade transmitiulle ao concello que parece que a situación está controlada, que non hai máis risco de transmisión e que se trata dunha familia que vén doutro concello de Galicia.

 

Neste sentido, o concello fai un novo chamamento para extremar a precaución, porque aínda que a situación non é preocupante, en calquera momento pode haber un incremento dos casos, polo que resulta fundamental que se sigan cumprindo todas as medidas e non baixar a garda.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar