COVID-19

COVID-19

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DE 9 CASOS POR COVID-19 E QUE NON REXISTROU NINGÚN POSITIVO NOS ÚLTIMOS 10 DÍAS, PERO PIDE PRECAUCIÓN Á VECIÑANZA

Viveiro, 30 de novembro de 2020. O Concello de Viveiro informa de que, segundo os últimos datos facilitados polas autoridades sanitarias, a día de hoxe hai 9 casos activos por COVID-19 no municipio, pero non se rexistra ningún novo positivo dende hai máis de 10 días.

 

Dende o goberno local valoran positivamente a evolución da situación sanitaria no municipio. Esta descenso das cifras de novos casos foi o que permitiu que dende o pasado venres se levantaran as restricións máis estritas en Viveiro. Durante toda a fin de semana, a veciñanza puido gozar de novo da hostalaría local e suspendeuse o peche perimetral de Viveiro, permitindo a entrada de visitantes ao municipio.

 

O Concello de Viveiro lembra que era a terceira ocasión na que o municipio sufría as medidas máis restritivas. Para evitar un novo repunte dos contaxios, o concello apela á responsabilidade indivual para cumprir todas as medidas e limitacións impostas polas autoridades competentes.

 

O goberno local pide extremar a precaución de cara á ponte festiva desta fin de semana, estando xa ás portas do Nadal. O obxectivo primordial é evitar un agravemento das cifras de contaxios no municipio que puideran desembocar en novas restricións ou peches perimetrais. 

 

Coa fin de non repetir un auxe dos casos positivos, o Concello de Viveiro fai fincapé na necesidade de ter especial coidado nas reunións con amigos e familiares. Dadas as posibilidades de contaxio, inciden en respetar os grupos de 6 persoas cumprindo sempre as medidas de seguridade sanitaria, como o uso de máscara e a distancia social.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar