25
Xaneiro
COVID-19
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DUNHA BAIXADA DE 43 CASOS ACTIVOS POR COVID-19 RESPECTO AOS DATOS DO LUNS PASADO
Viveiro, 25 de xaneiro de 2021. O Concello de Viveiro informa que, a día de hoxe, contabilízanse un total de 228 casos activos por COVID-19 no municipio. Esta cifra supón un lixeiro descenso con respecto dos datos dos últimos días. Concretamente, hai 43 casos activos menos que o pasado luns, cando a cifra de doentes en Viveiro era de 271 afectados.
Dende o Concello de Viveiro valoran positivamente a melloría nos datos, mais inciden en non confiarse ante esta baixada dos casos activos. O goberno local recorda que estanse a dar altas diarias, pero continúan a detectarse novos casos cada día.
Polo tanto, o executivo local insiste na importancia de cumprir estritamente todas as medidas sanitarias impostas no municipio, que se sitúa actualmente no máximo nivel de restricións. O Concello de Viveiro pide seguir traballando nesta liña, sen baixar a garda e con prudencia e responsabilidade, para poder superar pronto a situación.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro