COVID-19

COVID-19

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DE 13 CASOS POSITIVOS DE CORONAVIRUS E DO COMEZO DA VACINACIÓN ÁS PERSOAS MAIORES DE 80 ANOS

Viveiro, 22 de febreiro de 2021. O Concello de Viveiro informa que a día de hoxe hai no municipio un total de 13 casos activos de coronavirus, situándose a incidencia acumulada entre 50 e 150.

 

Grazas a esta positiva evolución da situación epidemiolóxica, dende o concello estamos á espera de coñecer en concreto as decisións que se adopten na reunión do comité clínico da Xunta, das que informaremos nas próximas horas.

 

Hoxe, ademais, iniciouse a vacinación aos maiores de 80 anos, polo que dende o concello se contactou co Centro de Saúde por se necesitaban habilitar algún espazo público ou máis aparcamentos para a realización destas labores. Segundo se nos informou, en principio vaise desprazar un dispositivo para realizar a vacinación deste colectivo dentro do centro de saúde.

 

Dende o concello continuase en contacto co centro de saúde por se precisan algo, estando á súa disposición para colaborar no que sexa posible, como colaboramos coa instalación da carpa para a realización dos test de antíxenos.

 

Por último, o concello lembra a todos os veciños e veciñas a necesidade de continuar cumprindo estritamente todas as medidas impostas polas autoridades sanitarias, mentres agardamos a coñecer as novas decisións que se adopten ao respecto e das que se informará á veciñanza. “Queremos, tamén, agradecer a todos e todas o gran esforzo realizadas nestas últimas semanas e sobre todo ao sector servizos, especialmente á hostalaría e o comercio”, engade.

 

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar