COVID-19

COVID-19

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DE 179 POSITIVOS DE CORONAVIRUS ACTIVOS NO MUNICIPIO E PIDE AOS VECIÑOS QUE “EXTREMEN AS PRECAUCIÓNS”

Viveiro, 12 de xaneiro de 2021. O Concello de Viveiro informa que a día de hoxe hai no municipio un total de 179 casos positivos activos.

 

Segundo información facilitada pola Xefatura Territorial de Sanidade, no cribado masivo que tivo lugar o pasado domingo realizáronse un total de 1.300 PCR. Nun primeiro momento por parte do persoal sanitario fíxose alí unha primeira estimación, cifrando en 1.400 probas realizadas, confirmándose neste momento oficialmente por parte de Sanidade que se realizaron un total de 1.300 PCR. Destas 1.300 PCR, 24 delas deron positivo, o que supón un 1,8 % do total.

 

Esta tardereúnese o cómite clínico e é moi probable que a Viveiro lle establezan máis medidas restritivas debido a esta evolución importante de positivos, das que se irá informando.

 

O número de casos continúa aumentando e avecíñanse días complicados, polo que é preciso extremar a precaución e apelar á responsabilidade individual para frear a cadea de contaxios.

 

Por parte do Concello, atendendo á responsabilidade propia, en colaboración coa Policía Nacional e a Garda Civil, velarase para que se cumpran todas as medidas e limitacións establecidas polas autoridades competentes.

 

Neste sentido, continuaranse realizando as labores de vixiancia e control necesarias para garantir o cumprimento das medidas e limitacións establecidas e preservar a saúde publica; o concello fará que as medidas se cumpran e impoñeranse as sancións correspondentes en caso de incumprimento.

 

Dende o goberno municipal agardan que co esforzo de todos, con prudencia e responsabilidade pronto poida cambiar a evolución actual, superando xuntos esta situación.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar