29
Abril
COVID-19
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DE SEIS CASOS ACTIVOS DE COVID-19 E UNHA BOA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA, PERO DEMANDA “CAUTELA E O CUMPRIMENTO DE TODAS LAS RECOMENDACIÓNS”
Viveiro, 28 de abril de 2021. A Alcaldía do Concello de Viveiro infórma que a día de hoxe hai no concello un total de 6 positivos activos por Covid-19, sendo a incidencia acumulada nos últimos 7 días inferior ou igual a 10.
A situación epidemiolóxica en Viveiro é boa e mellorou con respecto á pasada semana, cando había 8 casos.
Con todo, é importante non baixar a garda e, mantendo a calma, continuar cumprindo as medidas e limitacións establecidas co fin de evitar contaxios, polo que o Concello apela á responsabilidade social en beneficio de todos e todas.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro