CRIBADO EN VIVEIRO

CRIBADO EN VIVEIRO

O SERGAS REALIZARÁ UN CRIBADO MASIVO EN VIVEIRO ANTE O AUMENTO DE CASOS POSITIVOS POR COVID-19

Viveiro, 7 de xaneiro de 2021. O Concello de Viveiro informa que, ante o aumento dos casos positivos por COVID-19 nos últimos días no municipio, o SERGAS decidiu realizar un cribado masivo no municipio. O fin dos tests é detectar posibles casos en persoas asintomáticas e, deste xeito, frear a cadea de transmisión do virus, xa que moitos dos casos detectados eran persoas que non presentaban síntomas.

 

O cribado diríxese a traballadores e traballadoras do sector servizos (comercio, supermercados, hostalaría, farmacias, gasolineiras, perruquerías...), entendendo que se trata dos colectivos máis expostos.

 

As probas realizaranse este domingo 10 de xaneiro, ao longo de todo o día, no pavillón municipal. Todas aquelas persoas interesadas en realizar a proba deben anotarse chamando ao teléfono 676877799 ou no correo electrónico covid@viveiro.es antes das 21:00 horas do venres 8 de xaneiro de 2021. Tamén poden anotarse na Casa do Concello, o venres 8 de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 

No momento de anotarse debe facilitarse nome e apelidos, DNI, número de teléfono e actividade que realiza. O SERGAS encargarase de chamar a cada persoa para indicarlle a hora á que deben presentarse.

 

Dende o Concello de Viveiro, recoméndase encarecidamente a todas aquelas persoas que traballen nos colectivos mencionados que colaboren na realización deste cribado. O goberno local recorda que a súa participación axudará a frear, á maior brevidade, o aumento de contaxios en Viveiro.

 

Aproveitando a realización deste cribado, tamén se realizarán probas PCR ós traballadores/as de axuda no fogar, ós empregados/as da Asociación de Alzheimer e ao departamento de Servizos Sociais, xa que este colectivo está en contacto continuo con persoas vulnerables.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar