CRIBADO ESTE SÁBADO DIRIXIDO A MOZOS E MOZAS DE 18 A 30 ANOS

CRIBADO ESTE SÁBADO DIRIXIDO A MOZOS E MOZAS DE 18 A 30 ANOS

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DUN CRIBADO QUE O SERGAS REALIZARÁ ESTE SÁBADO NO MUNICIPIO DIRIXIDO A MOZOS E MOZAS DE 18 A 30 ANOS PARA DETECTAR CASOS ASINTOMÁTICOS DE COVID-19

Viveiro, 20 de xullo de 2021. O Servizo Galego de Saúde, en colaboración co Concello de Viveiro, realizará este sábado, 24 de xullo, un cribado no municipio, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos e que se levará a cabo no Pavillón Municipal.

O Sergas citará aos mozos remitíndolles un SMS, polo que dende o concello se solicita a todos aqueles que non teñen os datos actualizados que os actualicen canto antes.

Dende o goberno municipal pídese a máxima colaboración participando neste cribado que vai dirixido a este tramo de idade pois, canta máis xente participe, mellor para todos. As probas detectan sobre todo asintomáticos, evitando así que aumenten os casos.

Segundo os datos facilitados polo Sergas, a día de hoxe hai no noso municipio 96 casos, polo que unha vez máis, apelamos á responsabilidade social, para evitar a propagación do virus en beneficio de todos e todas.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar