Curso compostaxe

CURSO COMPOSTAXE

O CONCELLO DE VIVEIRO COLABORA CUN CURSO DE MESTRÍA EN COMPOSTAXE ORGANIZADO POR AMIGOS DA TERRA PARA PERSOAS DESEMPREGADAS

Viveiro, 9 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro é unha das entidades colaboradoras nun curso de Mestría en Compostaxe organizado por Amigos da Terra e destinado a persoas desempregadas.

En concreto, o obxectivo do curso é a formación de persoas técnicas especializadas en compostaxe de residuos orgánicos. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro martes 15 ás 08:00 da mañá.

O curso, proposto inicialmente coma presencial, desenvolverase a través de videoconferencias debido ás medidas para o control da COVID-19. As prácticas e visitas realizaranse mantendo todas as recomendacións sanitarias.

As sesións servirán para formar a persoas desempregadas, preferentemente mulleres menores de 35 e maiores de 45, e preparalas para os próximos anos, nos que os municipios terán que separar a fracción orgánica dos seus residuos municipais e xestionalos principalmente mediante compostaxe.

A temática que se desenvolve nos cursos abordará o ciclo completo da xestión da fracción orgánica dos residuos, de forma que os técnicos formados poderán realizar labores como a posta en marcha e asesoría a participantes en programas de compostaxe individual; actividades de promoción da compostaxe, incluíndo campañas educativas para todo tipo de público; xestión de agro-compostaxe; xestión de centros de compostaxe comunitaria, e labores auxiliares en plantas de compostaxe.


 

MÁIS INFORMACIÓN NO CARTEL ADXUNTO

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar