CURSOS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS PISCINA

CURSOS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS PISCINA

O CONCELLO DE VIVEIRO PRESENTA OS CURSOS E AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS QUE HABERÁ NA PISCINA

Viveiro, 6 de setembro de 2024. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e Martín Rodríguez, xerente da piscina municipal, presentaron hoxe os cursos e as actividades deportivas que haberá este curso nas instalacións.

“Mantemos todos os cursos de natación para os nenos e ampliamos as actividades dirixidas ás persoas maiores”, asegura María Loureiro, que considera “prioritario ofrecer aos veciños e veciñas a posibilidade de practicar actividades para manterse en forma”.

Natación Infantil ofertase para nenos e nenas nados entre 2019 e 2020, mentres que Natación Nenos será para os nados entre 2011 e 2018. As escolas ofertaranse para os nados entre 2018 e 2009.

A preinscrición farase de maneira presencial e posteriormente sortearanse as prazas. Cada neno poderase pre-anotar nun único grupo e asignaráselle un número no momento da pre-inscrición, informando do total de prazas ofertadas para o posterior sorteo. Será preciso facer unha proba de nivel co fin de asignar a cada alumno no grupo correspondente.

Para o primer trimestre o prazo de preinscrición será do 9 o 23 de setembro e o sorteo farase o dia 24 de setembro. A data de comezo dos cursos será o 2 de outubro e finalizarán o 19 de decembro.

O sorteo será aberto ó publico e faráse na piscina municipal o dia 24 de setembro as 12:00 horas. O resultado será publicado no taboleiro da piscina.

 

MÁIS INFORMACIÓN NAS IMAXES ADXUNTAS

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar