Declaracion responsable

DECLARACION RESPONSABLE

Declaración responsable de celebración de espectáculos de carácter extraordinario

Dª María Loureiro García, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Viveiro,

INFORMA QUE

Que dende esta Alcaldía se elaborou unha nota informativa sobre a tramitación necesaria para a celebración de espectáculos de carácter extraordinario, explicando que a entrada en vigor da Lei 10/2017, do 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, aprobada pola Xunta de Galicia, supuxo cambios importantes, entre outros, na tramitación para a celebración de espectáculos de carácter extraordinario.

Neste sentido,  lémbrase que os titulares de establecementos abertos ao público que desexen  celebrar actividades recreativas de carácter extraordinario deberán presentar no concello -cunha anterioridade mínima de 15 días con respecto á data na que se teña previsto celebrar o evento- a  declaración responsable, que debe acompañarse na documentación prevista no artigo 40 da Lei 9/2013, modificado pola Lei 10/2017.

As declaracións responsables para a celebración de espectáculos de carácter extraordinario serán tramitadas no Departamento de Urbanismo, onde se facilitará aos interesados toda a información necesaria.

Na nota lémbrase, tamén, que a declaración responsable presentada cumprindo os requisitos habilita para o desenvolvemento do espectáculo, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección atribuídas á Administración nos termos previstos nesta lei.

Advírtese, finalmente, que a inexactitude, a falsidade ou a omisión, de carácter esencial, de calquera dato ou información que se incorpore á declaración responsable, así como a non presentación da declaración responsable ou da documentación requirida para acreditar o cumprimento do declarado, determinarán a imposibilidade de realizar o evento.

Esta nota informativa será remitida ás asociacións Centro Comercial Histórico de Viveiro e a Beiras de Viveiro, para o seu coñecemento, solicitando a súa difusión entre os hostaleiros asociados. Ademais, remitirase por correo postal aos establecementos hostaleiros do municipio.

Viveiro, na data que consta á marxe.

 

A alcaldesa

María Loureiro García

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar