DÉPORCAMPUS 2024

DÉPORCAMPUS 2024

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE UNHA NOVA EDICION DO DÉPORCAMPUS DO 1 AO 5 DE XULLO

Viveiro, 21 de xuño de 2024. O Concello de Viveiro acolleu a presentación dunha nova edición do DéporCampus Cabreiroá, que se celebrará coa colaboración da S.D. Viveiro.

Despois do éxito do ano 2023, con máis de 100 participantes, repite un dos DéporCampus Cabreiroá con máis edicións, xa que está en activo desde 2016.

Á presentación asistiron Jesús Fernández Fernández, 2º tenente da alcaldesa de Viveiro; Francisco Rojo Vizoso, Presidente da S.D. Viveiro; e Sergio Maurente, Coordinador do Programa Local da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 1 e 5 de xullo. Os interesados poden consultar toda a información da sede de Viveiro e realizar o proceso de inscrición ata as 14:00 do martes 25 de xuño nesta ligazón:

https://deporcampus.rcdeportivo.es/é/viveiro-2024/inicio

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.


 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar