DESESTACIONALIZAR O TURISMO E AS COMPRAS

DESESTACIONALIZAR O TURISMO E AS COMPRAS

O CONCELLO DE VIVEIRO IMPULSA COA COLABORACIÓN DOS COMERCIANTES DO CASCO HISTÓRICO UNHA INICIATIVA PARA DESESTACIONALIZAR O TURISMO E AS COMPRAS

  Viveiro, 28 de abril de 2022. O Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Turismo, impulsa coa colaboración da Asociación de Comerciantes do Casco Histórico unha iniciativa de descontos e promocións durante os meses de febreiro e novembro.

Falamos primeiro coa Asociación de Comerciantes do Casco Histórico e pareceulles unha boa idea, polo que convocouse unha reunión con todos os establecementos hoteleros para explicarlles en que consiste”, afirma Marisol Rey, concelleira de Turismo.

A proposta é para os meses de febreiro e novembro, que son os máis baixos de turismo e actividade comercial, realizando descontos á xente que se hospede, compre ou consuma nos establecementos que queiran colaborar (bares, tendas, cafeterías, perruquerías, etcétera).

En palabras da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, “trátase de desestacionalizar o turismo e as compras nos meses de menor ocupación e gasto, con paquetes de fin de semana e outras actividades que potencien os nosos atractivos, o Camiño do Mar e a nosa gastronomía”.

En xeral, aos hosteleiros asistentes á primeira reunión pareceulles unha moi boa idea e vaise facer outro encontro para concretar todo en setembro, como o nome da iniciativa ou como se vai facer o tema dos bonos.

Cando se poña en marcha de forma definitiva, tanto o concello como as asociacións de comercio e hospedaxe activarán unha campaña de difusión e promoción desta iniciativa.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar