Desinfeccion e limpeza centros educativos

DESINFECCION E LIMPEZA CENTROS EDUCATIVOS

O CONCELLO DE VIVEIRO ATENDE AS DEMANDAS DOS CENTROS EDUCATIVOS TAL E COMO PROMETERA PARA CUBRIR AS NECESIDADES DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN

Viveiro, 9 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro, dende o inicio do curso escolar e atendendo ás medidas establecidas polas autoridades competentes con motivo da Covid-19, ven realizando as xestións necesarias en relación coa limpeza dos colexios para adaptarse aos protocolos establecidos e en coordinación coas direccións dos centros.

 

Inicialmente, o concello tiña previsto manter as horas de limpeza das tardes e reforzar a desinfección polas mañás. Cando se publicou o protocolo da Xunta de Galicia, tendo en conta que o propio protocolo establecía a necesidade de readaptar os horarios, fixo unha readaptación do horario de limpeza establecido para cada centro, de maneira que unha parte deste horario fose pola mañá, incrementando o horario nalgún centro no que se contaba con menos xornada diaria de limpeza, como no caso do CEIP de Covas, co fin de equiparalo aos demais colexios.

 

Ademais, o concello indicou a todos os centros que se se percibía que esta readaptación resultaba escasa para atender as necesidades, se procedería a unha valoración para modificar os contratos, tendo que atenderse a cada contrato de forma individualizada para ver as posibiliades de modificación de cada un deles, en función da normativa vixente de aplicación.

 

Tal e como se lles comunicou naquel momento a todos as directoras, na xuntanza convocada pola alcaldesa, María Loureiro, na que tamén estivo presente o concelleiro delegado dos centros de educación, a idea era ir valorando,  unha vez iniciado o curso, se os horarios actuais cubrían as necesidades de limpeza e desinfección existentes para, en caso contrario, realizar os trámites necesarias para súa ampliación, sendo preciso que os colexios comunicasen por escrito ao concello estas necesidades.

 

Dous centros manifestaron a día de hoxe a necesidade de realizar unha ampliación deste horario e o goberno municipal está a realizar as xestións necesarias para tramitar esta modificación contractual e atender as necesidades de cada centro, tal e como se comprometera.

 

Por outro lado, quérese manifestar publicamente o apoio do goberno municipal ás reivindicacións que o CEIP de Covas realiza á Xunta de Galicia, informando neste sentido que o goberno municipal presentará no vindeiro pleno unha moción para pedir á Consellería de Educación a construción dun pavillón polideportivo ou patio cuberto para o CEIP Plurilingüe de Covas, unhas instalacións que se fan máis necesarias, se cabe, na situación actual atendendo ás medidas establecidas pola Covid-19.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar