DESPEDIDA CAMPAMENTO URBANO

DESPEDIDA CAMPAMENTO URBANO

O CAMPAMENTO URBANO DO CONCELLO DE VIVEIRO DESPÍDESE ATA O ANO QUE VÉN

A alcaldesa María Loureiro visitou á cativada na festa de despedida do campamento, que contou con inchables, xogos e unha entrega de diplomas


Viveiro, 30 de agosto de 2024. O campamento urbano do Concello de Viveiro despídese ata o ano que vén cunha gran festa de fin de campamento.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, visitou á cativada participante na festa de despedida, que contou con inchables, xogos e una entrega de diplomas entre outras actividades.

"O Campamento Urbano, organizado todos os anos polo Concello de Viveiro, serve non só para facer que os nenos e nenas pasén un verán marabilloso no seu municipio, senón tamén para favorecer a conciliación familiar e a convivencia", sinala a rexedora.

"Dende o Concello seguiremos apoiando sempre este tipo de iniciativas tan necesarias, que serven tamén para promover o deporte, a expresión artística e outros valores fundamentais", engade Loureiro.

O campamento contou coa participación dun total de 140 nenas e nenos ao longo dos meses de xullo e agosto, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Pudieron desfrutar dunha alternativa de ocio saudable e asequible no pavillón do CEP Lois Tobío.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar