01
Setembro
DESPEDIDA LECER E TEMPO LIBRE
O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRA A FESTA DE DESPEDIDA DO PROGRAMA DE APOIO EDUCATIVO, LECER E TEMPO LIBRE
O Concello de Viveiro acolleu a festa de despedida do programa de Apoio Educativo, Lecer e Tempo libre para a cativada, impulsado polo departamento de Voluntariado dos Servizos Sociais do municipio.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, acudiu á celebración, na que destacou “a gran diversidade de actividades realizadas cada verán como parte deste proxecto, que pon en valor a inclusión e a igualdade entre todas as nenas e nenos”.
No programa, que se celebra todos os veráns en Viveiro, participaron 15 nenas e nenos e 6 voluntarios e voluntarias entre o 12 de xullo e o 30 de agosto.
Nel desenvolvéronse actividades relacionadas co medio ambiente, o consumo responsable ou a alimentación saudable. Para elas contarón coa colaboración tanto coas entidades públicas como con empresas relacionadas con estes ámbitos.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro