DEVOLUCIÓN-COMPENSACIÓN NA TAXA DE RECOLLIDA DE LIXO

DEVOLUCIÓN-COMPENSACIÓN NA TAXA DE RECOLLIDA DE LIXO

O CONCELLO DE VIVEIRO APLICARÁ ESTE MES A DEVOLUCIÓN-COMPENSACIÓN NA TAXA DE RECOLLIDA DE LIXO AOS NEGOCIOS AFECTADOS POLO PECHE DE XANEIRO

Viveiro, 4 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro anuncia que a devolución-compensación na taxa de recollida de lixo aos negocios afectados polo peche temporal de xaneiro se aplicará na facturación do terceiro trimestre, cuxa facturación se remitirá este mes de outubro.

Entre as medidas establecidas desde o goberno municipal para contribuír a paliar as consecuencias económicas da crise derivada da Covid-19 ao sector da hostalería, inclúese a devolución-compensación da taxa de recollida de lixo e prestación patrimonial non tributaria dos servizos de abastecemento domiciliario de auga potable, sumidoiro, depuración de augas residuais e demais servizos.

A medida beneficia aos negocios afectados polo peche temporal entre o 27 de xaneiro e o 25 de febreiro, como consecuencia da orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecían medidas de prevención específicas pola evolución da situación epidemiolóxica.


 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar