DÍA DA BIBLIOTECA

DÍA DA BIBLIOTECA

O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRA O DÍA DA BIBLIOTECA CUN AGASALLO AOS NENOS E NENAS QUE COLLAN EN PRÉSTAMO UN LIBRO INFANTIL OU XUVENIL

Viveiro, 20 de outubro de 2020. A Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro celebra este sábado, día 24, o Día das Bibliotecas obsequiando de forma gratuíta e ata esgotar existencias cun agasallo a aquelas persoas que collan nesa xornada en préstamo un libro infantil ou xuvenil.

 

En concreto, será unha mochila de tea que leva impresa a mascota da biblioteca, ‘Sócrates’, deseñada por Lucia Martínez Bermúdez. Só se dará unha por persoa.

 

Desde o concello seguiremos traballando para seguir mellorando e poñendo en valor este espazo cultural que é vital e transformador. Vivan as bibliotecas e especialmente a nosa”, asegura a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

 

O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar