DÍA DA ENDOMETRIOSE

DÍA DA ENDOMETRIOSE

O CONCELLO DE VIVEIRO ILUMINARÁ MAÑÁ POLA NOITE DE COR AMARELA A PORTA DE CARLOS V POLO DÍA DA ENDOMETRIOSE

Viveiro, 26 de marzo de 2021. O Concello de Viveiro iluminará de cor amarela a noite do 27 ao 28 de marzo (sábado a domingo) a porta de Carlos V polo Día da Endometriose, que se celebra mañá, 27 de marzo, expresando desta maneira o seu apoio ás mulleres que sofren esta enfermidade.

Viveiro súmase así á iniciativa posta en marcha pola Asociación ‘Querendo. Mulleres con Endometriose’, co obxectivo de iluminar nesa data os monumentos máis emblemáticos de cor amarela.

 

A cor amarela é a representativa desta enfermidade e o Concello súmase á iniciativa obxectivo de dar visibilidade a esta doenza, que afecta ao 10% das mulleres en idade fértil (unhas 60.000 galegas).

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar