11
Marzo
DÍA DA ENDOMETRIOSE
O CONCELLO DE VIVEIRO ILUMINARÁ DE COR AMARELA A PORTA DE CARLOS V O LUNS 14 DE MARZO POLO DÍA DA ENDOMETRIOSE
Viveiro, 11 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro iluminará de cor amarela a noite do 14 ao 15 de marzo, do próximo luns ao martes, a porta de Carlos V polo Día da Endometriose, que se celebra o 14 de marzo. O Concello de Viveiro expresa desta maneira o seu apoio ás mulleres que sofren esta enfermidade.
Con esta acción, Viveiro súmase á iniciativa posta en marcha pola Asociación ‘Querendo. Mulleres con Endometriose’, co obxectivo de iluminar nesa data os monumentos máis emblemáticos de cor amarela.
A cor amarela é a representativa desta enfermidade e o Concello súmase a esta iniciativa co obxectivo de dar visibilidade a esta doenza.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro