Día do libro

DíA DO LIBRO

O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRA O DÍA DO LIBRO CON ACTIVIDADES PARA TODAS AS IDADES

Viveiro, 20 de abril de 2021. O Concello de Viveiro presenta a súa programación con motivo do Día do Libro, sumándose un ano máis a esta celebración que se conmemora cada 23 de abril. A proposta deste ano, que inclúe actividades dirixidas a todas as idades, dará comezo este venres, 23 de abril, e estenderase ata finais de mes.

Durante os días 23 e 24 de abril, os usuarios e usuarias da Biblioteca Municipal de Viveiro recibirán un agasallo doce ao retirar un libro. Doutra banda, todas as persoas que tomen prestados libros da biblioteca entre o 23 de abril e o 30 de abril poderán participar no sorteo dun lote de libros.

Ademais, o sábado 24 de abril representarase a obra de teatro xestual “Lázaro de Tormes”, a cargo da compañía Pedras de Cartón, dirixida a cativos e cativos a partir dos 5 anos.

O domingo 25 de abril presentarase o poemario “Amor de Nai”, de Mari Luz Balsa Rábade, ás 12:00 na sala multiusos do concello.

Doutra banda, en consonancia co seu compromiso medioambiental e con motivo do día da Terra, o 22 de abril, o Concello de Viveiro organiza Verdelendo, unha iniciativa que busca dar protagonismo á natureza e ós libros.

O Concello invita á cidadanía a compartir nas redes sociais un pequeno vídeo cunha lectura nun lugar natural da contorna de Viveiro. A publicación en redes sociais debe incluír o cancelo #verdeLendo e @concellodeviveiro.

Celebramos a festa dos libros, eses compañeiros que nos permiten voar e que posúen toda a sabedoría necesaria para enriquecer o noso interior e o noso espírito crítico. Grazas a todas e todos os veciños e veciñas de Viveiro por manter tan viva a nosa biblioteca”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

En todos os eventos programados a propósito desta celebración, seguirase o protocolo sanitario de prevención contra o COVID-19.

Queremos que a cidadanía de Viveiro poida seguir gozando da lectura, a pesar do contexto sanitario. Con esta programación non só impulsamos o hábito lector, senón tamén poñemos en valor a nosa contorna natural”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar