30
Abril
DÍA EUROPEO DA SOLIDARIEDADE E A COOPERACIÓN ENTRE XERACIÓNS
O CONCELLO DE VIVEIRO SÚMASE Á CONMEMORACIÓN DO DÍA EUROPEO DA SOLIDARIEDADE E A COOPERACIÓN ENTRE XERACIÓNS
Viveiro, 29 de abril de 2022. O Concello de Viveiro a través da concellería de Benestar Social sumase á campaña que CONFEMAC, xunto ao Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, lanza hoxe, 29 de abril, para fomentar a comunicación entre as distintas xeracións.
O 29 de abril celébrase o Día Europeo da Solidariedade e a Cooperación entre Xeracións, unha data que se instaurou no ano 2009, grazas a organizacións como a Plataforma Europea de Persoas Maiores e o European Youth Forum. Unha data á que este Concello se suma en colaboración coa Confederación Estatal de Maiores Activos (CONFEMAC) e o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
Baixo o lema “Todos aprendemos, Todos ensinamos”, o obxectivo de celebrar este día, é permitir a inclusión e participación das persoas maiores para que brinden a súa contribución á sociedade actual e con iso contribuír a unha maior solidariedade interxeracional.
As relacións interxeracionais son máis que a unión de persoas de distintas idades, trátase dunha implicación real, na que as distintas xeracións comparten, aprenden e ensinan, co fin de xerar beneficio mutuo como cidadanía.
Nas circunstancias actuais, necesítase máis que nunca a comunicación entre xeracións, que axuden a casar a experiencia co emprendemento para avanzar no futuro.
Esta celebración é a primeira de oito campañas que, baixo o lema “Persoas maiores, cos mesmos dereitos”, puxo en marcha CONFEMAC, xunto a concellos de todo o territorio nacional, para dar valor aos dereitos das persoas maiores, que aínda sendo iguais que o resto de idades, vulnéranse con maior frecuencia.
Co obxectivo de impulsar iniciativas neste eido, a concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde, explica que que se busca involucrar ao Grupo de Participación Xuvenil en actividades interxeracionais.
Neste senso, proporase a implicación deste grupo de adolescentes con outras entidades para favorecer o intercambio de experiencias. Tamén se busca servir de modelo á rapazada do municipio, animando a que poñan en valor e apliquen iniciativas deste tipo.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro