DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

O CONCELLO DE VIVEIRO CONMEMORA O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS CUN CONTACONTOS INCLUSIVO ESTE SÁBADO ÁS 18:00 HORAS

Viveiro, 20 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro anuncia a representación do contacontos inclusivo titulado “A Maleta” este sábado 24 de setembro. Esta iniciativa conmemora o Día Internacional da Lingua de Signos que se celebra este venres, 23 de setembro.

 

A cita será este sábado ás 18.00 na sala multiusos do Concello e diríxese á infancia a partir dos 5 anos. O espectáculo é gratuíto ata completar aforo e non é necesario reservar praza.


A representación inclúe un contacontos inclusivo en lingua de signos e lingua oral. O espectáculo inclúese dentro da programación “Ler conta moito”.


No Concello de Viveiro cremos que se a cultura non é de todos e para todos, non é cultura, por iso acollemos estas iniciativas que normalizan a inclusión”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.


Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar