DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA

DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA

O CONCELLO DE VIVEIRO SÚMASE AO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA

Viveiro, 18 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro apoia as reivindicacións do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, que se conmemora mañá, martes 19 de outubro. Con motivo desta data, o Concello de Viveiro iluminará de rosa a porta de Carlos V, como sinal de apoio ás persoas que padecen esta doenza e ás súas familias. 

 

Viveiro adhírese así á ampla rede de municipios que reivindicarán esta data no Día internacional da loita contra o cancro de mama. Dende o Concello celébranse os avances na loita contra esta enfermidade nos últimos anos, froito en parte de reivindicacións como a deste día. 

 

Nesta data, sumámonos á loita de todas as mulleres contra este cancro, esperando sensibilizar á poboación sobre a importancia de mellorar os recursos para combater esta doenza”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro. 

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar