Día internacional das Mulleres

DíA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Dª MARÍA LOUREIRO GARCÍA, ALCALDESA DO CONCELLO DE VIVEIRO, INFORMA QUE

 

 

O Concello de Viveiro apoia a convocatoria de folga prevista para o vindeiro día 8 de marzo de 2018, coincidindo co Día Internacional das Mulleres, tal e como se acordou no pleno extraordionario celebrado o pasado 20 de febreiro, no que se trataron dúas mocións sobre este asunto.

Polo que atinxe ás mulleres do equipo de goberno, tanto eu mesma como as outras catro concelleiras, secundaremos esta folga; o vindeiro día 8 de marzo non incluiremos ningún asunto nas nosas axendas institucionais e acudiremos á lectura do manifesto, organizado por este concello, que terá lugar na Praza Maior, ás 12:30 horas, coincidindo co inicio do parón de dúas horas por quenda.

Temos constancia de que o comité de empresa tamén acordou apoiar esta convocatoria de folga de dúas horas por quenda, entre as 12:00 e as 14:00 horas pola maña, e as 19:30 e 21:30 horas; dende o equipo de goberno adoptaranse as medidas oportunas para garantir os servizos mínimos, nos distintos servizos municipais, durante esta xornada de folga

Secundando esta folga queremos poñer de manifesto a necesidade de adoptar as medidas necesarias para garantir a igualdade de homes e mulleres, así como a necesidade de conseguir un compromiso por parte do goberno e das formación políticas contra a violencia de xénero.

Viveiro, na data que consta á marxe.

A alcaldesa

María Loureiro García

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar