Día internacional dos Mercados 2018

DíA INTERNACIONAL DOS MERCADOS 2018

Quere o teu mercado

O Concello de Viveiro únese un ano máis á campaña "Quere o teu mercado",  promovida pola Xunta de Galicia, co propósito de promover os mercados locais e as prazas de abasto, incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e mais a profesionalidade e o bo facer dos nosos praceiros e praceiras.

Con motivo da celebración do "Día Internacional dos Mercados", o vindeiro 26 de maio, o concello organizou diversas actividades que terán lugar na Praza de Abastos dirixidas tanto ao público adulto como aos máis pequenos. No programa organizado para esta xornada figuran os seguintes eventos:

- Cocteleiría, con Domingo González e Marcelo Continanza, de Temple Bar.

- Showcooking, con Victor Valenzuela, do Restaurante O Muro, e Alejandro Balseiro, do Hotel Urban Viveiro.

- Actuación do grupo Pindusa de Bágoas da Terra.

- Actuación do grupo Sons de Viveiro.

Para o público infantil haberá un obradoiro de dieta mediterránea, unha xincana no mercado e a elaboración dun polbo de globoflexia.

Dende o concello quérese agradecer a colaboración de Bágoas da Terra, Hotel Urban Viveiro, Restaurante O Muro e Temple Bar e animar aos veciños a achegarse á Praza de Abastos para disfrutar desta xornada.

 

 

María Loureiro García

Alcaldesa do Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar