DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

O CONCELLO DE VIVEIRO SÚMASE Á CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

Viveiro, 3 de febreiro de 2023. O Concello de Viveiro súmase á conmemoración mañá, sábado 4 de febreiro, do Día Mundial contra o Cancro. Deste modo, co obxectivo de dar visibilidade a esta doenza, a porta de Carlos V iluminarase esta noite de cor verde.

O Concello de Viveiro adhírese ademais á campaña da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) deste ano, baixo o lema #Todoscontraelcancer

Con motivo desta xornada, o Concello de Viveiro quere trasladar unha mensaxe de apoio a todas as persoas que padecen esta doenza, así como ás súas familias. Asemade, insístese na importancia da investigación para combater esta enfermidade.

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar