DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O CONCELLO DE VIVEIRO SÚMASE ESTE DOMINGO Á CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Viveiro, 31 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro súmase un ano máis á reivindicación do Día Mundial de Concienciación do Autismo, que se celebra este domingo, día 2 de abril.

Con motivo desta data, o Concello iluminará na noite do domingo ao luns, de azul, a porta de Carlos V, unha cor que representa ao trastorno de espectro autista (TEA).

A iniciativa enmárcase no proxecto mundial “Light Up to Blue” (Ilumína de azul) promovida por Autism Speaks (Light It Up Blue) e apoiada por Autismo Europa, Autismo España e por Autismo Galicia.

No 2022 ilumináronse en España máis de 450 monumentos, máis de 90 deles en Galicia tanto de titularidade pública como privada, e este domingo o reto é chegar aos 500.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar