DIFERENTES OPCIÓNS FORMATIVAS TRAS O BACHARELATO E A ESO

DIFERENTES OPCIÓNS FORMATIVAS TRAS O BACHARELATO E A ESO

O CONCELLO DE VIVEIRO REALIZA UNHA CHARLA SOBRE AS DIFERENTES OPCIÓNS FORMATIVAS TRAS O BACHARELATO E A ESO

Viveiro, 17 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Educación, organiza una xornada informativa de orientación universitaria e profesional o vindeiro martes 22 de xuño. A charla diríxese a mozos e mozas remataron bacharelato/ESO e queren iniciar estudos universitarios, de FP, ensinanzas artísticas ou outro tipo de formación posterior. A intención da xornada é orientalos na toma de decisións académicas e profesionais.


 

Nesta xornada informativa, terá lugar o martes 22 de xuño, ás 12:00 horas, no salón de actos do Concello de Viveiro, falarase de preinscrición e matrícula, prazos, requisitos de acceso ás distintas titulacións, residencias públicas, bolsas de estudos e demais cuestións de interese para a mocidade.


 

Todas as persoas interesadas en asistir a esta charla, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Viveiro, deben inscribirse enviando un correo electrónico a informacion.xuvenil@viveiro.es ou chamando ao teléfono 982560128.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar