08
Xaneiro
DOAZÓN SOLIDARIA DE ALIMENTOS E PRODUTOS DE HIXIENE
O CONCELLO DE VIVEIRO AGRADECE A ADRIÁN BEN E Á ASOCIACIÓN DEPORTIVA SAN ROQUE A DOAZÓN SOLIDARIA DE ALIMENTOS E PRODUTOS DE HIXIENE
Viveiro, 8 de xaneiro de 2024. O Concello de Viveiro agradece ao atleta Adrián Ben e á asociación deportiva San Roque a doazón de alimentos non perecedeiros e produtos de hixiene para as familias da vila que os necesiten.
O pasado 30 de decembro, Adrián Ben e a asociación deportiva San Roque organizaron unha actividade deportiva e solidaria cos nenos e nenas de Viveiro.
Os participantes fixeron doazóns que agora repartirá Servizos Sociais entre as familias máis necesitadas do concello.
“Temos que agradecer a Adrián Ben a actividade que fixo cos nenos, xa que para eles é unha referencia, e o carácter solidaria da mesma”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
Lucía Míguez, traballadora social e directora adxunta de Servizos Sociais, recolleu os alimentos e os produtos de hixiene da man de dous representantes da asociación deportiva San Roque.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro