EDAR DE VIVEIRO

EDAR DE VIVEIRO

A ALCALDESA DE VIVEIRO E A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS VISITARON AS OBRAS DE MELLORA NAS LIÑAS DE TRATAMENTO DA EDAR DE VIVEIRO

Viveiro, 21 de xuño de 2021. A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, Ethel Vázquez Mourelle, realizou hoxe unha visita a Viveiro con motivo das obras de ‘Mellora nas liñas de tratamento da EDAR de Viveiro’.

Por parte do goberno municipal asistiron á visita a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o 1º tenente de alcalde e concelleiro do Mar, Jesús Fernández Fernández.

Dende o goberno municipal lémbrase que estas actuacións, que fai a Xunta de Galicia a través de Fondos FEDER, forman parte dun primeiro proxecto que consistirá na ampliación da EDAR, permitindo tratar as aguas de Celeiro na planta de Viveiro cun tratamento completo.

Con respecto a estas actuacións, quérese facer constar que o Concello de Viveiro fixo sempre, en tempo e forma, todas as tramitacións requeridas. Polo que atinxe aos trámites por parte de Costas, despois de que este concello se interesara polo estado da tramitación, quérese facer constar que o último escrito enviado por Augas de Galicia á Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar é de data 24 de maio de 2021, polo que se entende que os trámites están a seguir o seu curso en prazo.

Asemade, con respecto aos aportes contaminantes na rede de saneamento, quérese facer constar que este concello xa realizou a maioría das actuacións da súa competencia requeridas, ademais de realizar os trámites necesarios para eliminar os aportes industriais.

Finalmente, o Concello de Viveiro agradece á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade a súa visita de hoxe e o seu interese por estas obras.


 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar