ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 28 DE MAIO

ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 28 DE MAIO

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DA CONSULTA DO CENSO ELECTORAL ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 28 DE MAIO

Viveiro, 5 de abril de 2023. Con motivo da celebración das eleccións municipais do próximo 28 de maio, o Concello de Viveiro informa que dende o día 10 ao 17 deste mes de abril, ambos inclusive, poderase consultar o censo electoral.

 

O horario habilitado no concello é de 9:00 a 14:00 horas.

 

Dende o Concello lémbrase a importancia de comprobar a correcta inscrición censal, aos efectos de poder exercer o dereito ao voto nas devanditas eleccións.

 

A consulta farase por medios informáticos, previa identificación do interesado, de conformidade co artigo 39.2 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar