Emision Plenos

EMISION PLENOS

GRAVACIÓN E EMISIÓN DOS PLENOS MUNICIPAIS

O Concello de Viveiro comezará hoxe a gravar e emitir -en directo e diferido- as sesións plenarias municipais, que os veciños e veciñas de Viveiro poderán ver no canal de Youtube “Concello Viveiro” ou a través da web municipal (www.viveiro.es), no link de acceso rápido “Enlace vídeos pleno” (os links de acceso rápido están situados na parte inferior da páxina), conseguindo unha maior transparencia da actividade municipal.

 

O pleno do día de hoxe, correspondente á sesión ordinaria do mes de xuño, comezará ás 20:30 horas. Tendo en conta que esta será a primeira vez que se procede á gravación e emisión en directo das sesións plenarias, dende o concello quérese pedir desculpas no suposto de que se produza algún erro técnico.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar