O CONCELLO DE VIVEIRO SÚMASE Á CAMPAÑA 'QUERE O TEU MERCADO' CON VARIAS ACTIVIDADES ESTE SÁBADO 3 DE XUÑO

Vivieiro, 1 de xuño de 2023. O Concello de Viveiro celebra o Día do Mercado 2023 con varias actividades na praza de Abastos, dentro do programa 'Quere o teu mercado', que tera lugar este sábado día 3 de xuño a partir das 11:00 horas.

O programa comezará cunhas actividades para os máis pequenos organizadas por Eureka ás 11:00 horas.

Seguidamente, ás 12:00 horas, terán lugar unha serie de degustacións a cargo de Alejandro Balseiro, do restaurante Nito, e de Víctor Valenzuela, do restaurante O Muro, tamén na propia praza de Abastos

Finalmente, ás 12:30 horas, terá lugar a actuación da agrupación de gaitas Bágoas da Terra, poñendo fin así á programación de 'Quere ao teu mercado' polo Día do Mercado.

Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar