Entrada Casco Historico

ENTRADA CASCO HISTORICO

O CONCELLO DE VIVEIRO RECIBIU UN TOTAL DE 26 SOLICITUDES PARA O ACCESO DE VEHÍCULOS AO CASCO HISTÓRICO DESDE A ENTRADA EN VIGOR DA NOVA ORDENANZA DE TRÁFICO

Viveiro, 2 de febreiro de 2021. A ordenanza que ten como obxectivo regular o tráfico dentro do casco antigo de Viveiro entrou en vigor o pasado 25 de xaneiro, tendo en conta que se considera peonil na súa totalidade e que actualmente está protexido polo Plan Especial de Protección Interior (PEPRI), ao tempo que se regulan os accesos necesarios para residentes, usuarios de garaxes, titulares de establecementos comerciais, repartidores, obras e demais supostos recollidos na mesma.

 

Esta normativa faise coa pretensión de mellorar e dotar de maior seguridade a todas aquelas persoas que transitan polo interior do casco antigo, en cuxo interior residen moitos veciños e veciñas e están ubicados numerosos establecementos comerciais.

 

O concello quere que se rehabiliten máis vivendas e iso implica regular o acceso para a execución das obras; estes e os demais supostos que poden motivar a necesidade de acceder con vehículos ao casco antigo quedan regulados nesta ordenanza, establecendo para cada caso os requisitos esixidos e as condicións para o acceso.

 

Grazas a esta ordenanza, veciños e visitantes poderán transitar polo casco de Viveiro, sabendo que o acceso de vehículos está regulado e restrinxido a unhas determinadas franxas horarias, salvo excepcións ou emerxencias.

 

Dende a súa entrada en vigor presentáronse un total de 26 solicitudes, correspondentes aos seguintes distintivos:

- Distintivo R, Residentes:8

- Distintivo D, Reparto: 4

- Distintivo DP, Panadaría:1

- Distintivo EC, Comercio: 1

- Distintivo RR, Reparto de comida e medicamentos:2

- Distintivo MR, Mobilidade Reducida:3

- Distintivo S, Servizos Esenciais:3

- Distintivo O, Obras: 2

- Distintivo EX,extraordinario: 2

Por parte do goberno municipal lémbrase que para poder acceder con vehículos é preciso solicitar o correspondente Dispositivo de Acceso Restrinxido, segundo os distintos supostos recollidos na ordenanza. Neste sentido, prégase que os interesados soliciten estes distintivos o antes posible e que leven consigo a copia da solicitude cando circulen polo interior do casco antigo en tanto non dispoñan da autorización e do propio distintivo.

Durante as primeiras semanas a Policía Local realizará unha labor de información e concienciación para a adaptación íntegra ao establecido nesta ordenanza, pero é necesario que todas aquelas persoas que acceden ao casco soliciten esta autorización á maior brevidade posible.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar