ENTREGA DA MEDALLA DE OURO DA CIDADE Á CONFRARÍA DE PESCADORES DE CELEIRO

ENTREGA DA MEDALLA DE OURO DA CIDADE Á CONFRARÍA DE PESCADORES DE CELEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO ENTREGA A MEDALLA DE OURO DA CIDADE NUN EMOTIVO ACTO Á CONFRARÍA DE PESCADORES DE CELEIRO POLO SEU CENTENARIO

Viveiro, 16 de decembro de 2023. O Concello de Viveiro fixo entrega da medalla de Ouro da Moi Noble e Moi Leal Cidade de Viveiro á Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro, con motivo do centenario da súa fundación.

Ao acto, celebrado no Teatro Pastor Díaz, asistiron o conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares Bermúdez, e a subdelegada do goberno en Galicia, Isabel Rodríguez, que compartiron a mesa do escenario coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o patrón maior da confraría, Domingo Rey Seijas, e o seu secretario, Manuel Máximo Díaz Méndez.

Viveiro e Celeiro son sinónimos de pesca, de xente do mar, por iso no acto de hoxe non só conmemoramos unha data simbólica, senon que esta cerimonia é tamén unha homenaxe a tantas familias e a tantas persoas do noso concello que adicaron a súa vida ao mar e á pesca, contribuíndo a facer deste sector o noso sinal de identidade”, asegurou María Loureiro.

Falamos dunha entidade que leva 100 anos destacando pola súa contribución constante e en diferentes ámbitos á comunidade na que opera, ao pobo no que ten a súa sede e a súa actividade”, engadiu a alcaldesa.

Grazas a todos e a todas as que dalgunha forma estades vinculadas á confraría de Celeiro, que seguirá cumprindo anos, décadas e séculos con total seguridade, loitando polo futuro da pesca e do mar, ou o que é o mesmo, loitando polo futuro do noso pobo, de Viveiro”, rematou Loureiro.


 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar