Entrega de mascarillas

ENTREGA DE MASCARILLAS

O CONCELLO DE VIVEIRO ENTREGA MÁIS DE 2.000 MASCARILLAS A FAMILIAS EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE

Viveiro, 25 de novembro de 2020. O Concello de Viveiro fixo entrega no día de hoxe, 25 de novembro, de máis de 2.000 mascarillas a familias en situación de vulnerabilidade. Concretamente, entregáronse 1.500 mascarillas de adultos e 600 infantís.

 

O Concello de Viveiro entregou este material durante o reparto de alimentos que, en colaboración con Cruz Vermella, se vén realizando quincenalmente, no que estivo presente a Concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez.

 

Con esta entrega de mascarillas, o goberno municipal quere axudar a estas familias, facilitándolles material de protección e prevención contra a COVID-19. Esta iniciativa súmase a outras propostas xa realizadas polo Concello de Viveiro de apoio aos máis vulnerables dende o inicio da pandamia. Entre estas iniciativas anteriores, inclúese por exemplo a creación dun Plan de Reactivación Económica no que, entre outras cuestións, se incrementou a partida destinada a Servizos Sociais.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro.

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar