ENTREGA OS PREMIOS DOS CONCURSOS DE FOTOGRAFÍA E DEBUXO POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

ENTREGA OS PREMIOS DOS CONCURSOS DE FOTOGRAFÍA E DEBUXO POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O CONCELLO DE VIVEIRO ENTREGA OS PREMIOS DOS CONCURSOS DE FOTOGRAFÍA E DEBUXO POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Viveiro, 25 de marzo de 2024. O Concello de Viveiro entregou este sábado os premios dos concursos de fotografía amateur ‘Traballos e mulleres’ e de debuxo escolar ‘Mamá Traballadora’, convocados pola Delegación Municipal de Muller e o Centro de Información ás Mulleres de Viveiro, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller 2023.

O acto tivo lugar na Sala Multiusos do concello coa presenza do tenente de alcalde, Jesús Fernández; a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega; a concelleira Mari Carmen Franco, e Margarita Fernández, representante do CIM.

No certame de fotografía o primeiro premio foi para Paula Cristina Limia Fernández — coa obra “A traballadora silenciosa que cava, corta leña e desbroza” —, o segundo para José Luis Méndez Fernández —“Cortadoras” — e o terceiro, para Paco López López —“Elas” —.

Doutra banda, no concurso de debuxo escolar levaron os seus agasallos e diploma a alumna de 3º de Primaria Nira Vieira Fernández (CEIP de Celeiro); Antón Ventoso Freán (CEIP de Celeiro), de 4º de Primaria; Carla Vieira Rivas (CEIP Plurilingüe Santa Rita Degaldo), de 5º de Primaria e Alejandra Raquel Olivares Alcántara (CPR Landro), alumna de 6º curso.

Lara Fernández Fernández-Noriega felicitou aos gañadores/as e a todas as persoas participantes en ambos certames, "pola súa creatividade e por poñer en valor a labor das mulleres dentro e fóra do seu ámbito familiar".

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar