30
Setembro
ENTREGA PREMIOS FOTOGRAFíA, DEBUXO ESCOLAR, E MASCOTA BIBLIOTECA
O CONCELLO DE VIVEIRO ENTREGA ESTE SÁBADO OS PREMIOS DOS CONCURSOS DE FOTOGRAFÍA AMATEUR ‘TRABALLOS E MULLERES’, DE DEBUXO ESCOLAR ‘MULLER TRABALLADORA’ E O DA MASCOTA DA BIBLIOTECA
Viveiro, 29 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro entregará este sábado, día 3 de outubro, os premios de varios concursos celebrados durante os últimos meses, uns actos que tiveron que aprazarse pola situación sanitaria.
Ás 12:00 horas na sala multiusos do concello, entregaranse os premios correspondentes ao Concurso de fotografía amateur ‘Traballos e mulleres’ e o de debuxo escolar ‘Muller traballadora’, convocados pola delegación municipal de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Viveiro con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.
No concurso de fotografía amateur ‘Traballos e mulleres’ formaron parte do xurado José María Álvez (fotógrafo de El Progreso), Pepa Losada (fotógrafa de La Voz de Galicia), Saúl Jiménez (fotógrafo Carlos fotógrafos) e Toño Goás (fotógrafo de Toño Goás), resultando premiados:
1º PREMIO.- REYES CERDÁ MIRA. FOTO “REDES”
2º PREMIO.- LUIS MARÍA BARRIO SÁENZ. FOTO “LA TEJEDORA Y EL TELAR”
3º PREMIO.- DIEGO COSTA RAMOS. FOTO “ENRUGAS DE UNHA VIDA”
No concurso de debuxo escolar ‘Mamá traballadora’ formaron parte do xurado Lara Fernández Fernández-Noriega (concelleira Cultura e Muller), Margarita Fernández (directora CIM Viveiro) e Ana María Abad López (psicóloga CIM Viveiro), resultando premiados/as:
3º E.P.- DIEGO ALEMPARTE DÍAZ (CEIP SANTA RITA DE GALDO)
4º E.P.- JUAN MÍGUEZ VÁZQUEZ (CPR LANDRO)
5º E.P.- LAURA PEÑA RODRÍGUEZ (CPR LANDRO)
6º E.P.- LUCÍA MARTÍNEZ BERMÚDEZ (CPR LANDRO)
Posteriormente, ás 12:30 horas na biblioteca, o concello entregará o premio á gañadora do concurso para elixir mascota da biblioteca, Lucía Martínez Bermúdez.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro