ENTROIDO EN GALDO

ENTROIDO EN GALDO

A ALCALDESA MARÍA LOUREIRO PRESENTA XUNTO Á ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CAMIÑO DE GALDO O PROGRAMA DA SÚA FESTA DO ENTROIDO

Viveiro, 7 de febreiro de 2023. A Asociación de Veciños Camiño de Galdo presentou esta mañá, xunto á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o programa da Festa do Entroido que organiza coa colaboración do Concello.

A cita na parroquia viveirense ten o seu día grande o 25 de febreiro, xornada na que celebrará o Sábado de Piñata cunha festa que inclúe a actuación do Grupo Folixa de Asturias.

Dende o Concello temos a responsabilidade e a obriga de apoiar ás iniciativas que xorden dende as Asociacións Veciñais como é o caso desta cita tan arraigada na parroquia de Galdo”, subliña a rexedora.

Quero aproveitar para transmitir a miña gratitude e parabéns ás numerosas persoas que traballan para dinamizar a vida social e cultural de Galdo”, engadiu María Loureiro.

Dende as 22:30 horas comezará unha festa de entrada libre na que non faltarán os concursos de disfraces tanto individuais, como por parellas e grupos, así como as lambetadas e doces propios desta época de entroido.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar