ENVELLECEMENTO ACTIVO

ENVELLECEMENTO ACTIVO

O CONCELLO DE VIVEIRO CONTINÚA O PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO CON CLASES GRATUÍTAS DE XIMNASIA DE MANTEMENTO PARA MAIORES DE 65 ANOS

Viveiro, 6 de maio de 2022. O Concello de Viveiro dálle continuidade ao programa de envellecemento activo, con clases gratuítas de ximnasia de mantemento dende o próximo martes 10 de maio ata o martes 28 de xuño.
As clases terán lugar os martes, de 11:00 a 12:00 horas, no pavillón municipal e impartidas por monitores profesionais.
A primeira fase desta actividade tivo un grande acollida, polo que o programa comezará cos participantes da edición anterior, ao tempo que se abre un novo período de inscricións no que poidan sumarse á actividade máis veciños e veciñas.
As persoas interesadas en participar deben anotarse, facilitando nome e apelidos e un número de teléfono de contacto, chamando ao teléfono 982.55.04.21, sendo requisitos necesarios para participar estar empadroado/a no Concello de Viveiro e ter máis de 65 anos. O prazo para apuntarse remata o venres 13 de maio.
 
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar